Os Arroases

Os Arroases son unha cuadrilla de 7 nenos e nenas que coñecen moi ben a importancia de comer peixe.

Cada un deles ten un "superpoder" unido a cada unha das especies que se van repartir nos centros escolares no marco desta campaña (sardiña, xurelo, rodaballo, mexillón, troita, lirio, pescada).OsArroases detectaron dende hai un tempo que a outros nenos e nenas non lles gusta moito o peixe e están dispostos a facer que as cousas cambien.

Os seus superpoderes poden ser compartidos por todos eles! Para iso póñense en contacto cun pescador, Luis, e cunha cociñeira, Dona Mariña. Coa súa axuda, teñen a importante misión de facer chegar a súa mensaxe a todos os colexios. O final da aventura ten lugar precisamente alí, nos colexios!

 

Arroases mexillon

Contén iodo, moi importante para o noso desenvolvemento físico e mental: MÁIS INTELIXENCIA!

Recóllese nas rochas e cultívase en bateas nas rías.

Se aínda non probaches a fideuá de mexillóns non sabes o que perdes!

Arroases troita

Contén retinol (vitamina A), fundamental para a vista: MELLOR VISIÓN!

!A troita de mar, tamén chamada reo, péscase nas bocas das nosas rías.

Á prancha, en croquetas ou en pastel, está saborosísima!

Avatar

Contén niacina (vitamina B3), que favorece o noso bo humor: MÁIS DIVERSIÓN!

Péscase lonxe da costa no inverno e preto dela no verán.

Non deixes de probar a lasaña de xurelo! ÑAM ÑAM!

Avatar

Contén un tranquilizante natural que axuda a manter a boa saúde do noso sistema nervioso: MÁIS TRANQUILIDADE!

Péscase ás veces a moita profundidade, onde vive en grandes bancos.

A pizza de lirio é deliciosa!

Avatar

Contén potasio, moi importante para enviar o impulso aos nosos músculos: MÁIS AXILIDADE!

Péscase en augas pouco profundas. Vive camuflado nos fondos areosos.

Que bo está o rodaballo en paella ou filloas recheas! ÑAM ÑAM!

Avatar

Contén tiamina (vitamina B1), que é moi importante para producirmos enerxía: MÁIS ENERXÍA!

Péscase no inverno en augas frías e profundas, e no verán preto da costa.

Se a preparas en albóndegas, ao forno ou en barriñas, vas chupar os dedos!

Avatar

Contén cobalamina (vitamina B12), que favorece o metabolismo e o mantemento do sistema nervioso: MÁIS FORZA!

Péscase botando as redes sobre os grandes bancos que forma preto da superficie.

A sardiña está moi rica en hamburguesa! ÑAM ÑAM!