Unidades didácticas

Estas unidades didácticas están deseñadas para ser utilizadas tras a visita ao centro escolar do programa.

imaxe arroases

Obxectivos

Os obxectivos de partida desta campaña céntranse en lles transmitir aos escolares de Educación Primaria a importancia do peixe e o marisco na dieta, en relación coas súas achegas nutritivas, e fomentar o seu consumo. Ademais, afondarán no coñecemento das especies e o papel das persoas consumidoras á hora de preservar os recursos do mar e na posta en valor das profesións do mar.

  • Fomentar o consumo de peixe entre o alumnado de Educación Primaria.
  • Familiarizar o alumnado co mundo da pesca, transporte e preparación do peixe e do marisco para aumentar o seu coñecemento e interese sobre este produto.
  • Transmitir aos sectores ecolares a importancia do peixe e o marisco na dieta en relación ás súas achegas nutritivas.
  • Achegar os estudantes ao coñecemento das distintas especies de peixe e as súas características nutricionais.
  • Poñer en valor o papel dos consumidores como colectivo, incluíndo aos máis pequenos, á hora de preservar os recursos do mar.
  • Aprender a coñecer e manipular os alimentos do mar desde un punto de vista gastronómico: pratos sinxelos, receitas, etc.

Competencias básicas

  • Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico. Contidos relacionados co mundo da pesca, o transporte e a preparación dos produtos do mar. Competencia en comunicación lingüística. Comprensión lectora e expresión escrita.
  • Tratamento da información e competencia dixital. A través de descargas e enquisas de avaliación online.
  • Competencia social e cidadá. O consumo de peixe como fonte de saúde, e como recurso económico e social.
  • Competencia cultural e artística. O alumnado desenvolverá a súa creatividade e habilidades artísticas na representación Os Arroases.
  • Autonomía e iniciativa persoal. Novos coñecementos sobre o valor do consumo do peixe e do marisco que lles permitirán tomar decisións en relación co seu consumo.

Contidos curriculares Aínda que os contidos da unidade didáctica se poden tratar desde un punto de vista das diferentes áreas de coñecemento, recollemos a continuación aqueles relacionados coa área de coñecemento do medio natural, social e cultural por ser a área de maior implicación e máis directamente relacionada.

Contidos

  • Identificación e descrición de alimentos diarios necesarios. Análise de usos e costumes na alimentación diaria.
  • Valoración de aspectos que inflúen nunha vida saudable, a alimentación variada e equilibrada. Identificación de animais e plantas do seu contorno.
  • Descubrimento e observación das manifestacións e do patrimonio cultural galego como mostra de diversidade e riqueza.
  • Recoñecemento de diferentes profesións evitando estereotipos sexistas.